| Apr | MAY | Jun |
| 12 | ||
| 2012 | 2013 | 2014 |
COLLECTED BY
Collection: Wide Crawl started April 2013
| Proceso de desenvolvemento software | |
| Actividades e pasos | |
| Requisitos | Arquitectura | Implementación | Probas | Implantación| Mantemento | |
| Modelos | |
| Áxil | Cleanroom | Iterativo | RAD | RUP | Espiral | Fervenza | |
| Disciplinas de apoio | |
| Xestión de configuración | Documentación | Calidade (SQA) | Xestión do proxecto | |
Chámase programación á creación dun programa de computadora, un conxunto concreto de instrucións que unha computadora pode executar. O programa escríbese nunha linguaxe de programación, aínda que tamén se pode escribir directamente en linguaxe máquina, con certa dificultade. Un programa pódese dividir en diversas partes, que poden estar escritas en linguaxes distintos.
Software é o substantivo que denomina ós programas e datos da computadora.
Índice |
Unalgoritmo é unha secuencia non ambigua, finita e ordenada de instrucións que han de seguirse para resolver un problema. Un programa normalmente implementa (traduce a unha linguaxe de programación concreto) un algoritmo. Pode haber programas que non se axusten a un algoritmo (poden non terminar nunca), nese caso denominase procedemento a tal programa.
Os programas solen subdividirse en partes menores (módulos), de modo que a complexidade algorítmica de cada unha das partes sexa menor que a do programa completo. Isto axuda ó desenvolvemento do programa.
Segundo Niklaus Wirth un programa está formado por algoritmoseestrutura de datos.
O obxectivo das diversas técnicas de programación propostas é mellorar tanto o proceso de creación de software como o seu mantemento. Entre elas pódense mencionar as programacións lineal, estruturada, modulareorientada a obxectos.
O programa escrito nunha linguaxe de programación (comprensible polo home, aínda que soen corresponder con linguaxes formais descritos por gramáticas independentes do contexto) non é inmediatamente executable nun ordenador. A opción máis común é [compilación|compilar]] o programa, aínda que tamén pode ser executado mediante un intérprete informático
O código fonte do programa ha de someterse a un proceso de transformación para converterse en linguaxe máquina, interpretable polo procesador. A este proceso chámaselle compilación.
Normalmente a creación dun programa executable (un típico .exe para os usuarios de Windows) conleva dous pasos. O primeiro paso chámase compilación (propiamente dito) e traduce o código fonte escrito nunha linguaxe de alto nivel a código obxecto (máis próximo á linguaxe máquina). O segundo paso chamase enlazado (ou ás veces mal chamado linkado do inglés link) e traduce o código obxectoacódigo máquina.
Un programa podería ter partes escritas en varios linguaxes, que se poderían compilar de forma independente e enlazar xuntas para formar un único executable, aínda que non é unha práctica habitual.
Existe unha tendencia a identifica-lo proceso de creación dun programa informático coa programación, que é certa cando se trata de programas pequenos para uso persoal, e que dista da realidade cando se trata de grades proxectos.
O proceso de creación de software dende o punto de vista da Enxeñería ten os seguintes pasos:
A enxeñería do software centrase nos pasos de planificación e deseño do programa, mentres que antigamente (programación artesanal) a realización dun programa consistía unicamente en escribi-lo código.
A primeira programadora de computadora coñecida foi Ada Lovelace, filla de Anabella e Lord Byron. Anabella introduciu nas matemáticas a Ada, quen despois de coñecer a Charles Babbage traduciu e ampliou unha descrición da súa máquina analítica. Aínda que Babbage nunca completou a construción de ningunha das súas máquinas, o traballo que Ada realizou con elas fíxolle gaña-lo título de primeira programadora de computadoras do mundo. O nome da linguaxe de programación Ada foi escollido como homenaxe a esta programadora.
A programación de ordenadores debe perseguir tres obxectivos fundamentais:
A eficiencia e a claridade dun programa pode ser obxectivos contrapostos: pódese conseguir maior claridade sacrificando parte da eficiencia ou viceversa. Pero hai que ter en conta que o tempo do programador é caro, e que hoxe en día o prezo dos ordenadores é razoable e cada vez son máis baratos.